COÑECENDO A ROSALÍA



En 1979 emítese o último billete de 500 pesetas 


Algo da súa vida:

Naceu un 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela, no Camiño Novo (ahora Praza de Vigo) do Concello de Conxo

Por ser filla de nai solteira cun cura, criouse ca súa madriña ata os 8 anos na aldea de Ortoño ata que sua nai a reclama para volver a Santiago a vivir con ela primeiro en Padrón e no 1850 en Santiago de Compostela, onde participa nas actividades culturais do Liceo da Xuventude e coñece a Manuel Murguia, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal e participa con eles no famoso Banquete de Conxo.

1856 múdase a Madrid, un ano despois publica un libreto de poesías. Alí coincide de novo con Manuel Murguía co que se casa un 10 de outubro de 1858 co que tivo sete fillos (todos eles nacidos en Galicia). Foi seu marido quen a anima a escribir e publicar e quen lle presenta a Gustavo Adolfo Béquer, xunto con ela representante do romanticismo tardío en España.

Ata 1871 estivo vivindo entre Coruña, Valladolid, Madrid e outras cidades debido a inestabilidade económica debida ao traballo do seu marido e seus constantes problemas de saúde, a partir dese ano non volveu a sair de Galicia, viveu no Pazo de Lestrove, Dodro, Santiago e Padrón onde se instalou definitivamente en 1875

Morre en Padrón o 15 de xullo de 1885 por un cancro de útero, é enterrada en Iria Flavia en Padrón; dende 1891 descansa no Panteon de Galegos Ilustres no convento de San Domingos de Bonaval en Santiago

Se queredes saber mais:

Na wikipedia

Biografía no canal Historia

Biografías de escritoras


Tamén se fixo unha miniserie da súa vida en 1968 emitida pola TVE

Son un total de 5 capítulos de 30 minutos de duración cada un


Comentarios